jueves, 3 de junio de 2010

Portas abertas na “Escola de Baloncesto Provincial”

Dende o día 2 ata o día 25 de Xuño a “Escola de Baloncesto Provincial ” porá en marcha unhas xornadas de acceso libre e de balde para tódolos nenos e nenas, independentemente do seu nivel técnico, nados entre os anos 1998 e 2006 que queiran achegarse ao mundo do baloncesto dende a esixencia técnica e o desenvolvemento físico, sen esquecer o aspecto lúdico

Para elo, os nenos interesados deberán presentarse ás 17 30 horas, de luns a xoves, nas instalacións anexas ao Pazo Provincial dos Deportes para desenvolver dita actividade.

A dirección técnica correrá a cargo dos adestradores da “Fundación BALOGAL” do “Club Estudiantes Lugo” e do “Leite Río Breogán”. Esta actividade conta con respaldo da “Área de Deportes Vicepresidencia Primeira Deputación de Lugo”

Os interesados poden solicitar información adicional no teléfono 982 231050 e na páxina web http://www.cbbreogan.com/.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Noticias CB Breogan

Noticias ACB

Noticias LEB Oro

Noticias Selección Española

Noticias Euroliga

Noticias NBA