jueves, 5 de septiembre de 2013

III Edición do 3×3 “Basket na Rua” de Pontecesures

Para dar inicio a unha nova temporada de baloncesto, os integrantes do C. B. Rio Ulla organizarán a IIIª edicion do 3×3 “Basket na Rua”.


Durante toda a xornada día do sábado celebraranse partidos entre os distintos equipos que se anoten: 
A mañá estará adicada ás categorias A (Alevíns: 9 a 11 anos) e B (Infantís e Cadetes: 12 a 15 anos).
Xa pola tarde xogaran os equipos da categoria A (senior: 16 anos en diante).
Contra a tardiña xogaranse as finais B e C. A final dos pequenos preveemos celebrala ó mediodia.

Decir que en 24 h xa van inscritos a 14 equipos senior, 8 da categoria B e 6 da categoria A.

Durante toda a xornada membros do C.B. Rio Ulla e colaboradores/as venderán rifas para os sorteos da tarde, no que haberá varios regalos cedidos polas casas comerciais colaboradoras.

Ademais sortearanse un balon e unha camiseta asinada por Nacho Martin, “Xogador Revelación da pasada liga ACB”, cedidos pola Asociación Deportivo-Cultural de Moraña.

A organización espera contar con algun outro regalo mais do mundo do basket…

Mais información en: http://www.pontecesures.net/

Noticias CB Breogan

Noticias ACB

Noticias LEB Oro

Noticias Selección Española

Noticias Euroliga

Noticias NBA