miércoles, 14 de abril de 2010

Acude de balde este venres o encontro do Breogán grazas á Fundación Balogal e ao C.B Breogán

A Fundación Baloncesto de Galicia BALOGAL e o Club Baloncesto Breogán queren convidar a todos os equipos galegos das diferentes categorías ao seu encontro do vindeiro venres, 16 de abril, antes UB La Palma. (Pazo Provincial dos Deportes - 20.15 h).

Os alicientes para este encontro do que o club lucense quere que disfruten todos os baloncestistas galegos son do máis atractivo. O Leche Río Breogán buscará neste enfrontamento acadar cunha vitoria a súa clasificación matemática para o play off de ascenso á ACB, fase que se disputará do 30 de abril ao 6 de xuño e que decidirá que segundo equipo de Adecco Ouro obtén o ascenso á máxima categoría do baloncesto español.

Por este motivo e polo habitual bo xogo que desprega o equipo dirixido por Rubén Domínguez esta será unha grande ocasión para aproveitar a invitación do club lucense e achegarse ata o Pazo Provincial dos Deportes.

Para facilitar en maior medida este convite ao encontro, o club lucense facilitará a todos os equipos galegos que desexen asistir ao Pazo o transporte ao mesmo. Así, e grazas a colaboración da empresa MONBUS, poranse autocares de balde que mobilizarán aos xogadores e xogadoras convidados dende o punto de partida que estes indiquen.

Os equipos galegos interesados en facer uso deste ofrecemento deberán comunicarllo ao club lucense antes do 15 de abril, indicando número de persoas que asistirán, o lugar de saída das mesmas e o número de teléfono dun responsable. Este requisito poderán levalo a cabo vía mail (fundacionbalogal@gmail.com ou estudianteslugo@yahoo.es) ou por teléfono (982246207 - 648 168 424). Nesta mesma comunicación os afeccionados recibirán as indicacións precisas para acceder ao Pavillón de xeito gratuíto sen ningún tipo de problema.

Fonte da noticia: Páxina da FEGABA

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Noticias CB Breogan

Noticias ACB

Noticias LEB Oro

Noticias Selección Española

Noticias Euroliga

Noticias NBA